GRANDES FESTAS BOEDO 2010

Xa estan eiquí as mellores festas de toda a volta outro ano máis!

Comezaremos o Sábado coa xa tradicional cigalada, cigalas a prancha para todos acompañadas de bo viño branco e pan, a continuación una gran verbena coagupo COLORES e máis outro grupo sorpresa.
O Domingo pola mañá comenzarase cedo coas dianas e alboradas recorrendo todas e cada unha das casas de Boedo e Bregua. Ás 14 horas darase paso á Misa solemne na honra a San Roque e a continuación unha gran traca de fogos. Despois dos fogos bailaremos na sesión vermú co grupo Manila. Xa pola tardiña aí polas sete, xogarase o partido homenaxe a Peña O'Puente entre os ex-xogadores desta mítica peña e os rapaces do lugar. Pola noite gran verbena a cargo do grupo Manila, no descanso terá lugar o xa tradicional sorteo do porco de San Antonio con dous humoristas xa contrastados da zona.
O Luns, xa todos un pouco máis cansos, comezaremos as 13:30 coa misa solemne na honra a San Antonio, de seguido tomaremos uns vermús e bailaremos unhas repichocas antes de xantar. Pola tardiña haberá xogos para os máis cativos con agasallos para todos eles e o segundo torneo de chave "Villarriba-Villabajo. Xa pola noite daremos fin as festas cunha gran verbena a cargo de dúas grandes orquestas coma son O Combo Dominicano e outra que hai que vir a ver.

ijore's avatar

Autor: ijore

BOEDO IS DIFERENT!!!!!!!!
Website: http://www.lugaedeboedo.com

(0) ComentariosComentar

Necesita estar registrado para comentar esta noticia



Alta nueva
Resetear contraseña

Suscribete a RSS

RSS Un Lugar de Boedo